EDLG

jueves, 8 de diciembre de 2016
MES DA CIENCIA
Xuntamente coa Biblioteca, programamos actividades para achegar a ciencia aos escolares .
No ano adicado aos legumes , moitos murais, debuxos e outros traballos de observación e estudo da meteoroloxía no noso xardín.
Nas aulas ademais traballos para pensar, descubrir , relacionar e solucionar.
viernes, 11 de noviembre de 2016
MAGOSTO 2016
PICA NA FOTO PARA VER O ÁLBUM
- As aulas enchéronse de cucuruchos, cestiñas e outros obxectos para recoller as castañas asadas.
- O mestre Carlos Nuevo , de maneira organizada, deunos unha charla para todo o alumnado ; na que falou da orixe do magosto, os froitos típicos do Outono, a transformación da paisaxe nesta época do ano, as diferentes manifestacións culturais desta celebración, os usos culinarios dos froitos ,...
- Obradoiro de zonchos , onde os nenos puideron elaborar un colar con castañas cocidas , tradición propia de A Mariña .
- Ambientación de aulas
- Fogueira para asar as castañas
- E... festa rachada , coa música tradicional de Galicia , interpretada por nenos e profes do Centro .
- Xogos e bailes que encheron o patio de alegría.
Samaín de medo
Cabazas, morcegos, bruxas , arañas ,... encheron de medo os corredores e aulas do Colexio nunha celebración tradicional de Galicia e outras comunidades do norte da Península .
SAMAÍN on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)