EDLG

martes, 14 de noviembre de 2017
O MAGOSTO
Unha tradición galega que non pode faltar no ámbito da escola . Arredor do San Martiño temos cita coas castañas, os colares de zonchos , a festa e a convivencia .
Contamos ademais coa castañeira máis" marchosa" e todos os grupos prepararon bonitas cestas para recoller as castañas e comelas quentiñas .
ÁLBUM DE FOTOS ( PINCHA)
martes, 31 de octubre de 2017
A queima dos medos - Samaín
E , como remate das actividades programadas para esta celebración , os nenos máis pequenos saíron ao patio e axudados por unha bruxa , moi bruxa e moi especial , queimaron os seus medos nun intento simbólico de acabar con inseguridades e temores propios da infancia. Rebeca axudoulles cos seus conxuros.
Pincha para ver álbum
lunes, 30 de octubre de 2017
SAMAÍN 2017
O Departamento de L. Galega , xunto coa
Biblioteca e o resto de profesorado están desenvolvendo unha chea de
actividades para esta celebración .
- Ambientación de portas nas aulas,
- Obradoiro de globoflexia , a cargo da compañeira Marta. Cos resultados deste obradoiro decoráronse os corredores con arañas de gran tamaño que xunto a unha chea de cabazas fan que o Colexio se enchera de imaxinación e fantasía terrorífica.
- Contacontos a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º que , nun ambiente de medo, foron apadriñar aos máis pequenos de 1º , 2º, 3º e 4º. A posta en escena destes contos estase a desenvolver na xornada de hoxe e continuará na de mañá. Cada aula encargouse dun relato diferente , todos eles con temática medoñenta.
- E para rematar a xornada do 31 farase "a queima dos medos" . Os máis pequenos escriben o peor dos seus medos e quéimano nun pote , axudados por unha bruxa ...moi bruxa .
Tío Lobo , polo alumnado de 5º C
O home do saco, polo alumnado de 5ºB
Drácula, polos nenos e nenas de 6ºC
A bruxa Regañadentes, polos nenos e nenas de 6ºA
O Sacapenas , polos nenos e nenas de 6ºA
O monstruo de Ricardo, nenos e nenas de 5ºA
AMBIENTACIÓN E TALLER DE CREACIÓN
pincha para ver álbum de ambientación AMBIENTACIÓN E CREACIÓN

martes, 23 de mayo de 2017
Semana cultural das Letras Galegas
No mes das Letras celebramos a semana cultural . O festival que , repartido en tres tardes , alberga a participación de todos os grupos do Colexio e nel participa toda a comunidade educativa .
Neste ano as actuacións están especialmente adicadas a Carlos Casares , pero tamén contamos con outros traballos que renden homenaxe á cultura, ás tradicións, á lingua,á música ...
PINCHA PARA VER ÁLBUM
O alumnado de 3º representou : " As laranxas máis laranxas de todas as laranxas "
Alumnado de 4º cos seus Ditos Galegos
Alumnado de 5º , que nos contaron " O can Rin e o lobo Crispín "
Alumnado de 4º : Danza dos montes
SEGUNDA PARTE DO FESTIVAL
" Son un artista" , polo alumnado de 1º
" Este é Toribio "
Nenos e nenas de 3º
" A galiña azul" , de Carlos Casares
Nenos e nenas de 3º :
Alumnado de 2º : A saia da Carolina
"A jota mariñeira"
Alumnado de 2º
TERCEIRA PARTE DO FESTIVAL
Biografía rimada de Carlos Casares
Alumnado de 5º
Diccionario estrafalario de Gloria Fuertes
Alumnado de 5º
Amemos , a ritmo de rap
Alumnado de 6º
viernes, 12 de mayo de 2017
Chalano 2017
Chegou ás casas o noso xornal , como sempre no mes das Nosas letras . Este ano adicado especialmente a Carlos Casares , pero tamén con outras moitas cousiñas escolares.
Powered by
Issuu
Publish for Free
martes, 9 de mayo de 2017
CORRELINGUA 2017
En Galego, sen cancelas
Este foi o lema baixo o cal se celebrou esta mañá en Viveiro o Correlingua 2017 Animación , participación , esforzo e celebración a favor da lingua Galega . Unha reunión de alumnado e mestres dos diferentes centros educativos de toda A Mariña.

Elena e Antón deron lectura ao manifesto .
Este foi o lema baixo o cal se celebrou esta mañá en Viveiro o Correlingua 2017 Animación , participación , esforzo e celebración a favor da lingua Galega . Unha reunión de alumnado e mestres dos diferentes centros educativos de toda A Mariña.
martes, 25 de abril de 2017
SEMANA DO LIBRO
Coincidindo con estas datas de celebración do "Día do Libro " , fíxose entrega dos premios dos concursos convovados por EDL , concurso de fotografía e de poesía .
viernes, 24 de febrero de 2017
ENTROIDO 2017
Chegou o día grande :
chocolatada e degustación de doces típicos , disfraces , comparsas, música e moita animación . O patio do Colexio encheuse de xogos ( temática coa que traballamos , de maneira interdisciplinar, no presente curso ) .
Ao remate do desfile , todos xuntos cantamos , celebrando o noso entroido e presentando as diferentes comparsas participantes .
E , se queres ver máis, pica en MÁIS FOTOS
jueves, 23 de febrero de 2017
NO DÍA DE ROSALÍA
Como non podía ser doutra maneira, a nosa escritora máis universal está sendo homenaxeada por todos os nenos do Colexio .
Acrósticos, pop-arte , recitados e outras actividades foron protagonistas das nosas aulas nestes días .
Tamén se compartiron en familia os versos de Rosalía
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
Hoxe na Biblioteca tivo lugar a entrega dos premios do concurso de banda deseñada, promovido polo equipo de EDL .
É de destacar a ampla participación con traballos moi cretivos , que se fixeron baixo o lema :" Unha tarde de aventuras co meu animal preferido"
Se picas AQUÍ , poderás ver o álbum
viernes, 17 de febrero de 2017
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
Xa temos gañadores do concurso de banda deseñada, que promove EDL ; pero como sempre, o máis importante é participar . Tedes os traballos expostos na entrada do Colexio . Aquí vos quedan unhas fotos.
BANDA DESEÑADA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)