EDLG

viernes, 24 de febrero de 2017
ENTROIDO 2017
Chegou o día grande :
chocolatada e degustación de doces típicos , disfraces , comparsas, música e moita animación . O patio do Colexio encheuse de xogos ( temática coa que traballamos , de maneira interdisciplinar, no presente curso ) .
Ao remate do desfile , todos xuntos cantamos , celebrando o noso entroido e presentando as diferentes comparsas participantes .
E , se queres ver máis, pica en MÁIS FOTOS
jueves, 23 de febrero de 2017
NO DÍA DE ROSALÍA
Como non podía ser doutra maneira, a nosa escritora máis universal está sendo homenaxeada por todos os nenos do Colexio .
Acrósticos, pop-arte , recitados e outras actividades foron protagonistas das nosas aulas nestes días .
Tamén se compartiron en familia os versos de Rosalía
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
Hoxe na Biblioteca tivo lugar a entrega dos premios do concurso de banda deseñada, promovido polo equipo de EDL .
É de destacar a ampla participación con traballos moi cretivos , que se fixeron baixo o lema :" Unha tarde de aventuras co meu animal preferido"
Se picas AQUÍ , poderás ver o álbum
viernes, 17 de febrero de 2017
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
Xa temos gañadores do concurso de banda deseñada, que promove EDL ; pero como sempre, o máis importante é participar . Tedes os traballos expostos na entrada do Colexio . Aquí vos quedan unhas fotos.
BANDA DESEÑADA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)