EDLG

martes, 31 de octubre de 2017
A queima dos medos - Samaín
E , como remate das actividades programadas para esta celebración , os nenos máis pequenos saíron ao patio e axudados por unha bruxa , moi bruxa e moi especial , queimaron os seus medos nun intento simbólico de acabar con inseguridades e temores propios da infancia. Rebeca axudoulles cos seus conxuros.
Pincha para ver álbum
lunes, 30 de octubre de 2017
SAMAÍN 2017
O Departamento de L. Galega , xunto coa
Biblioteca e o resto de profesorado están desenvolvendo unha chea de
actividades para esta celebración .
- Ambientación de portas nas aulas,
- Obradoiro de globoflexia , a cargo da compañeira Marta. Cos resultados deste obradoiro decoráronse os corredores con arañas de gran tamaño que xunto a unha chea de cabazas fan que o Colexio se enchera de imaxinación e fantasía terrorífica.
- Contacontos a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º que , nun ambiente de medo, foron apadriñar aos máis pequenos de 1º , 2º, 3º e 4º. A posta en escena destes contos estase a desenvolver na xornada de hoxe e continuará na de mañá. Cada aula encargouse dun relato diferente , todos eles con temática medoñenta.
- E para rematar a xornada do 31 farase "a queima dos medos" . Os máis pequenos escriben o peor dos seus medos e quéimano nun pote , axudados por unha bruxa ...moi bruxa .
Tío Lobo , polo alumnado de 5º C
O home do saco, polo alumnado de 5ºB
Drácula, polos nenos e nenas de 6ºC
A bruxa Regañadentes, polos nenos e nenas de 6ºA
O Sacapenas , polos nenos e nenas de 6ºA
O monstruo de Ricardo, nenos e nenas de 5ºA
AMBIENTACIÓN E TALLER DE CREACIÓN
pincha para ver álbum de ambientación AMBIENTACIÓN E CREACIÓN

Suscribirse a:
Entradas (Atom)