EDLG

lunes, 26 de febrero de 2018
DÍA DE ROSALÍA
Neste curso eleximos seis elementos recurrentes na obra de Rosalía :muíño, gaiteiro,as campás,a festa,as pitas e o galo ,os mecos de mamá e a tristura da emigración .
Cada nivel , de 1º a 6º, traballou na aula un poema no que aparecía un destes elementos e o noso alumnado fixo a interpretación plástica destes textos, que sacamos ás fiestras para que a voz de Rosalía se expanda .
martes, 20 de febrero de 2018
Concurso de cómic
Neste V concurso de cómics a temática elexida foi " Eu de maior quero ser ...". A participación foi alta e os resultados están expostos na entrada do Colexio .
A entrega de premios e diplomas será o 23 de febreiro, ás 12:30 , na nosa Biblioteca , coincidindo coa celebración do "Día de Rosalía " .
Aquí tedes os exemplares que resultaron premiados ou obtiveron mención especial , pero todos merecedes unha enorme felicitación polo esforzo, dedicación , participación e creatividade.
Powered by
Issuu
Publish for Free
viernes, 9 de febrero de 2018
ENTROIDO 2018
Chegou Don Entroido e con el, a festa . Recreamos diferentes oficios tradicionais , en consonancia co PDI do presente curso . Transformámonos en labregos, gandeiros, mariñeiros, ferreiros, costureiras e panadeiros. Degustamos unha chocolatada con diferentes doces propios da época e , con moita enerxía, fixemos un desfile , acompañado por música e danzas .
Entroido 2018 on PhotoPeach
Se queres ver máis fotos , pincha en
ÁLBUM
Se te queres divertir Alumnos de Sexto Entroido 2018 from Bibliolois on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)