EDLG

viernes, 20 de diciembre de 2019
E chegou o Nadal
Para rematar o trimestre , hoxe a escola engalanouse e recibiu aos Reis . Todo o alumnado e profesorado se reuniu arredor destas tres figuras tradicionais que nos agasallaron ( como vén sendo habitual) cun bocata de chocolate e un calendario ( o noso calendario) , froito dun traballo documental que resume e feflicte o PDI deste curso : " Cidadáns na rúa ".
Nun emotivo acto , o alumnado de sexto deu lectura ao pregón de Nadal e despois, os diferentes niveis cantaron panxoliñas , en homenaxe ás súas maxestades de Oriente.
miércoles, 18 de diciembre de 2019
O APALPADOR
Os nenos e nenas de 1º recibiron unha visita moi especial neste Nadal ; foron os maiores da Residencia Domus Vi quenes se achegaron ao noso Colexio para compartir con eles unha fermosa historia titulada " Antón e o apalpador ".Este é un conto dun neno que vai pasar o Nadal ao Courel e alí coñece misteriosos e fantásticos personaxes , entre eles o Apalpador . É esta unha figura ligada á tradición galega e , polo tanto,como calquera outra tradición, é importante coñecela e ser capaces de transmitila.
martes, 10 de diciembre de 2019
ACTUACIÓNS EN PROL DA IGUALDADE
O Concello de Viveiro agasallou a todos os nenos e nenas do colexio co conto "Os Bolechas van a Viveiro". Trátase dun libro que busca favorecer a coeducación e a
desaparición de roles.Unha nova actuación a favor da igualdade que dará moito que comentar nas aulas e nas familias.
lunes, 2 de diciembre de 2019
Día internacional das persoas con discapacidade
No marco da campaña de sensibilización que desenvolve Aspanane no ámbito educativo , hoxe estivemos convidados a compartir con diferentes usuarios da asociación o noso tempo lectivo . Unha xornada de moito proveito que nos lembra a todos que a diversidade existe , que somos diferentes, pero que sempre
EU = QUE TI.
O alumnado participou en diferentes obradoiros de serigrafía, madeira, pinta caras, deportes, cerámica, produtos de apoio , rematando por facer un mural , en forma de árbore, que amosa a todos as diferencias que temos .Ninguén pode quedar atrás , polo que temos que convivir en igualdade e facer cada día unha sociedade máis inclusiva.
EU = QUE TI.
O alumnado participou en diferentes obradoiros de serigrafía, madeira, pinta caras, deportes, cerámica, produtos de apoio , rematando por facer un mural , en forma de árbore, que amosa a todos as diferencias que temos .Ninguén pode quedar atrás , polo que temos que convivir en igualdade e facer cada día unha sociedade máis inclusiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)