A Asemblea Xeral da ONU decidiu declarar 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica.
Igaciencia propón dedicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a táboa periódica, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.
Por outra banda, por ser tamén para as Nacións Unidas o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky e ao historiador galego Manuel Murguía, destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva.
Durante esta quincena os nenos do noso cole están traballando con retos, desafíos e experimentos para un mellor desenvolvemento da competencia científica , entre outras . Algúns dos desafíos desta semana que remata foron:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh0A-hyedciC2W9P42nQynen6iRUPe0e3SOz2TxpHfKEd8eQfDPSJoI25UskyjW4fFxvBHK6lMraIfEOivYDNnAKL-xP26VZ1Yz_k9_45Kqd32ehnGfZI11CGGYq1ksnFP59kMFur3Fc1A/s200/IMG_20191122_123340_787.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi2iQy7dQ3dzijy08bX9cP_u_esLsoXgCJR_rB70s5hIGDvQhibCyrGcKbrUs-P8Cr75sjOjFbK2nqxcOMJ0G2exlY0YNzUw0LdsJY_S5Kwn_OKEwrG7cn-7dgrPLf8DrhlByTmbzc0oak/s200/IMG_20191122_123356_924.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgwPDSRu8a2F_OoMXV5l6yh6fCXnnOwrjfkMBjGNCQ4uG2yDlNb8hxqZKlKhPXWhjwGZCxhLF088tOEZb7EfXOVaraenEq0Gsb1YiAylp0EHLOMay9LMR1afQWMEKC3LlNfzosTiLHp23Q/s200/IMG_20191122_123425_424.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario