EDLG

EDLG

martes, 14 de noviembre de 2017

O MAGOSTO

Unha tradición galega que non pode faltar no ámbito da escola . Arredor do San Martiño temos cita coas castañas, os colares de zonchos , a festa e a convivencia . Contamos ademais coa castañeira máis" marchosa" e todos os grupos prepararon bonitas cestas para recoller as castañas e comelas quentiñas . ÁLBUM DE FOTOS ( PINCHA)

martes, 31 de octubre de 2017

A queima dos medos - Samaín

E , como remate das actividades programadas para esta celebración , os nenos máis pequenos saíron ao patio e axudados por unha bruxa , moi bruxa e moi especial , queimaron os seus medos nun intento simbólico de acabar con inseguridades e temores propios da infancia. Rebeca axudoulles cos seus conxuros. Pincha para ver álbum

lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017

O Departamento de L. Galega , xunto coa Biblioteca e o resto de profesorado están desenvolvendo unha chea de actividades para esta celebración .
- Ambientación de portas nas aulas,
- Obradoiro de globoflexia , a cargo da compañeira Marta. Cos resultados deste obradoiro decoráronse os corredores con arañas de gran tamaño que xunto a unha chea de cabazas fan que o Colexio se enchera de imaxinación e fantasía terrorífica.
- Contacontos a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º que , nun ambiente de medo, foron apadriñar aos máis pequenos de 1º , 2º, 3º e 4º. A posta en escena destes contos estase a desenvolver na xornada de hoxe e continuará na de mañá. Cada aula encargouse dun relato diferente , todos eles con temática medoñenta.
- E para rematar a xornada do 31 farase "a queima dos medos" . Os máis pequenos escriben o peor dos seus medos e quéimano nun pote , axudados por unha bruxa ...moi bruxa .
Tío Lobo , polo alumnado de 5º C 

  





O home do saco, polo alumnado de 5ºB







Drácula, polos nenos e nenas de 6ºC
  



A bruxa Regañadentes, polos nenos e nenas de 6ºA





O Sacapenas , polos nenos e nenas de 6ºA






O monstruo de Ricardo, nenos e nenas de 5ºA






AMBIENTACIÓN E TALLER DE CREACIÓN


pincha para ver álbum de ambientación  AMBIENTACIÓN E CREACIÓN

martes, 23 de mayo de 2017

Semana cultural das Letras Galegas

No mes das Letras celebramos a semana cultural . O festival que , repartido en tres tardes , alberga a participación de todos os grupos do Colexio e nel participa toda a comunidade educativa . Neste ano as actuacións están especialmente adicadas a Carlos Casares , pero tamén contamos con outros traballos que renden homenaxe á cultura, ás tradicións, á lingua,á música ...
PINCHA PARA VER ÁLBUM O alumnado de 3º representou : " As laranxas máis laranxas de todas as laranxas " Alumnado de 4º cos seus Ditos Galegos Alumnado de 5º , que nos contaron " O can Rin e o lobo Crispín " Alumnado de 4º : Danza dos montes SEGUNDA PARTE DO FESTIVAL " Son un artista" , polo alumnado de 1º " Este é Toribio " Nenos e nenas de 3º " A galiña azul" , de Carlos Casares Nenos e nenas de 3º : Alumnado de 2º : A saia da Carolina "A jota mariñeira" Alumnado de 2º TERCEIRA PARTE DO FESTIVAL Biografía rimada de Carlos Casares Alumnado de 5º Diccionario estrafalario de Gloria Fuertes Alumnado de 5º Amemos , a ritmo de rap Alumnado de 6º

viernes, 12 de mayo de 2017

Chalano 2017

Chegou ás casas o noso xornal , como sempre no mes das Nosas letras . Este ano adicado especialmente a Carlos Casares , pero tamén con outras moitas cousiñas escolares.

martes, 9 de mayo de 2017

CORRELINGUA 2017

En Galego, sen cancelas  
Este foi o lema baixo o cal se celebrou esta mañá en Viveiro o Correlingua 2017  Animación , participación , esforzo e celebración a favor da lingua Galega . Unha reunión de alumnado e mestres dos diferentes centros educativos de toda A Mariña. Elena e Antón deron lectura ao manifesto .

martes, 25 de abril de 2017

SEMANA DO LIBRO

Coincidindo con estas datas de celebración do "Día do Libro " , fíxose entrega dos premios dos concursos convovados por EDL , concurso de fotografía e de poesía .

viernes, 24 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

Chegou o día grande : chocolatada e degustación de doces típicos , disfraces , comparsas, música e moita animación . O patio do Colexio encheuse de xogos ( temática coa que traballamos , de maneira interdisciplinar, no presente curso ) . Ao remate do desfile , todos xuntos cantamos , celebrando o noso entroido e presentando as diferentes comparsas participantes . E , se queres ver máis, pica en MÁIS FOTOS

jueves, 23 de febrero de 2017

ÁS PORTAS DO ENTROIDO

NO DÍA DE ROSALÍA

Como non podía ser doutra maneira, a nosa escritora máis universal está sendo homenaxeada por todos os nenos do Colexio . Acrósticos, pop-arte , recitados e outras actividades foron protagonistas das nosas aulas nestes días .
Tamén se compartiron en familia os versos de Rosalía

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Hoxe na Biblioteca tivo lugar a entrega dos premios do concurso de banda deseñada, promovido polo equipo de EDL . É de destacar a ampla participación con traballos moi cretivos , que se fixeron baixo o lema :" Unha tarde de aventuras co meu animal preferido"
Se picas AQUÍ , poderás ver o álbum

viernes, 17 de febrero de 2017

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Xa temos gañadores do concurso de banda deseñada, que promove EDL ; pero como sempre, o máis importante é participar . Tedes os traballos expostos na entrada do Colexio . Aquí vos quedan unhas fotos. BANDA DESEÑADA