EDLG

EDLG

jueves, 28 de noviembre de 2019

Día contra a violencia

Celébrase o día 25 de novembro para denunciar as actuacións violentas levadas a cabo por razóns de xénero . Debemos loitar pola erradicación.
No noso Colexio cubrimos portas de negro , simbolizando a nosa unión fronte a lacra da violencia e fixemos un pfotocall para expresar o noso rexeitamento aos conflitos.

viernes, 22 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA

Buscar o porqué das cousas , descubrir o coñecemento, responder aos interrogantes da natureza, ...fai da ciencia e dos científicos un tema de especial interese e relevancia.
A Asemblea Xeral da ONU decidiu declarar 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica.
Igaciencia  propón dedicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a táboa periódica, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.
 Por outra banda, por ser tamén para as Nacións Unidas o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky e ao historiador galego Manuel Murguía, destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva.
Durante esta quincena os nenos do noso cole están traballando con retos, desafíos e experimentos para un mellor desenvolvemento da competencia científica , entre outras . Algúns dos desafíos desta semana que remata foron: Hoxe en 3 A , Marcos e Iván conseguiron o reto de facer 5 triángulos con 5 movementos de mistos

domingo, 17 de noviembre de 2019

Dereitos da infancia

 Achégase o Día dos dereitos da infancia e os nenos e nenas de terceiro fixemos un traballo para coñecelos un pouco mellor e sensibilizarnos da súa importancia , facendo unha reflexión do que supón vivir sen dereitos . Ao mesmo tempo, relacionamos cada dereito cun respectivo deber porque soamente así construiremos un mundo mellor para todos .
 

domingo, 10 de noviembre de 2019

APADRIÑAMENTOS

Levouse a cabo un novo apadriñamento lector , programado conxuntamente por EDL e Biblioteca .Xuntáronse de novo madriñas, padriños , afillados e afilladas para intercambiar contos medorentos . Esta é unha actividade que potencia de maneira especial a expresión e comunicación lingüística , entre outras competencias clave que se desenvolven. Vídeo do alumnado de 3º A , que compartiron unha completa sesión na biblioteca cos seus padriños e madriñas de 6º C , intercambiando contos Tío Lobo Vídeo do alumnado de 6º C A figueira de Pelos Tortos Vídep do alumnado de 4ºA A bruxa Regañadentes Imaxes da sesión de contacontos interpretada polo alumnado de 5º B , unha adaptación do conto " A casa da miña avoa " vídeo dos nenos e nenas de 5º B A casa da miña avoa

jueves, 7 de noviembre de 2019

MAGOSTO E SAMAÍN

Continuamos na presente semana coas celebracións típicas de Outono : magosto e Samaín .
A principio de semana tivemos o achegamento da banda- escola de gaitas Cacharela . Esta agrupación xa estivo con nós en cursos anteriores e , voltou de novo,  para amosar os instrumentos típicos da música tradicional galega , así como os diferentes tipos de formacións musicais .


Entre todas as aulas do colexio e , seguindo a programación conxunta da Biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua , fixemos unha recolleita de receitas típicas de Outono , que teñen como ingredientes base as cabazas, as noces, as castañas ou os cogumelos . Coas receitas faremos catro publicacións que levarán por título Petiscos de Outono e gardaranse na Biblioteca. Tivemos ademais presenza nas aulas dos típicos colares de zonchos , que colgaron do pescozo do noso alumnado. Mañá faremos o tradicional magosto , despois de que o alumnado estivera durante toda a semana preparando cestas, cucuruchos e outros recipientes para a celebración . Para rematar a semana ,que estivo adicada ao Samaín e magosto ,faremos un apadriñamento lector , no que se potenciarán as habilidades narrativas e comunicativas , ademais de facer un encontro que mellora a convivencia e que atende á diversidade .
A pesar do mal tempo, nenos e nenas puideron divertirse,aprender e compartir cos xogos do magosto ; eso sí , tivo que ser dentro do ximnasio , pero...pasárono así de ben
fotos dos xogos