EDLG

EDLG

jueves, 7 de noviembre de 2019

MAGOSTO E SAMAÍN

Continuamos na presente semana coas celebracións típicas de Outono : magosto e Samaín .
A principio de semana tivemos o achegamento da banda- escola de gaitas Cacharela . Esta agrupación xa estivo con nós en cursos anteriores e , voltou de novo,  para amosar os instrumentos típicos da música tradicional galega , así como os diferentes tipos de formacións musicais .


Entre todas as aulas do colexio e , seguindo a programación conxunta da Biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua , fixemos unha recolleita de receitas típicas de Outono , que teñen como ingredientes base as cabazas, as noces, as castañas ou os cogumelos . Coas receitas faremos catro publicacións que levarán por título Petiscos de Outono e gardaranse na Biblioteca. Tivemos ademais presenza nas aulas dos típicos colares de zonchos , que colgaron do pescozo do noso alumnado. Mañá faremos o tradicional magosto , despois de que o alumnado estivera durante toda a semana preparando cestas, cucuruchos e outros recipientes para a celebración . Para rematar a semana ,que estivo adicada ao Samaín e magosto ,faremos un apadriñamento lector , no que se potenciarán as habilidades narrativas e comunicativas , ademais de facer un encontro que mellora a convivencia e que atende á diversidade .
A pesar do mal tempo, nenos e nenas puideron divertirse,aprender e compartir cos xogos do magosto ; eso sí , tivo que ser dentro do ximnasio , pero...pasárono así de ben
fotos dos xogos

No hay comentarios:

Publicar un comentario