EDLG

EDLG

miércoles, 22 de abril de 2020

E CHEGOU O DÍA DO LIBRO 2020

Antes de nada , moitas grazas pola vosa participación . Desde as vosas casas , con diversas técnicas creativas, con entusiasmo e sentido da colaboración ,fostedes capaces de crear unha bonita paisaxe qixotesca, a paisaxe dos campos da Mancha . "En esto, descubrieron treinta o cuarenta molinos de viento que hay en aquel campo y, así como don Quijote los vio, dijo a su escudero: "

martes, 14 de abril de 2020

ÁRBORES POÉTICAS

Na nosa proposta de actuacións para o mes da poesía, da árbore e da auga pedimos compoñer un mural coa silueta dunha árbore chea de follas con versos. Pois aquí temos as primeiras imaxes, son divinas . Grazas ao alumnado e familias que participan e fan que o noso colexio se manteña con ilusión .
Julia- 5 B
Paco 6 C
Pablo Yanes 6 C
Ángela , de 4º C
E seguen chegando bonitas composicións , esta vez achegadas por Mariam e Naia

lunes, 13 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Para ir facendo pouco a pouco :Coñecendo a Cervantes e Día do libro https://drive.google.com/file/d/1hXr3Y4UmHcD3vt33OgAw5ptdqj7ZiFLH/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/1PzJjDa1tqp6VQoVzfGaN6Xbpqm6NG3Gv/view?usp=sharing A foto do muíño podes mandala ao correo do cole . Xa temos moitas imaxes bonitas , pero ....seguide sumándovos

jueves, 2 de abril de 2020

TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO DESDE A CASA

Están empezando a chegar excelentes traballos do noso alumnado que, seguindo as propostas e consignas do blog , estivo a ler poesía e transformarla en produtos tan bonitos como o que amosa Julia , de 5º B.
Tamén Paco, de 6º C , elaborou este elaborando este mural, resumo de varias actividades.
Chegan máis traballos estupendos , esta vez feitos por Gabriel e os seus irmáns .

miércoles, 1 de abril de 2020

CAMPAÑA SOLIDARIA

Conscientes todos da importancia da lectura , acollemos con entusiasmo as múltiples accións solidarias que se presentan por parte de diferentes creadores e editoriais . Ademais , xa que mañá celebramos O DÍA DO LIBRO INFANTIL , que mellor maneira de facelo que deixando voar a imaxinación alén das nosas fiestras. Deixo enlace CAMPAÑA CON VÓS NA CASA