EDLG

EDLG

viernes, 20 de diciembre de 2019

E chegou o Nadal

Para rematar o trimestre , hoxe a escola engalanouse e recibiu aos Reis . Todo o alumnado e profesorado se reuniu arredor destas tres figuras tradicionais que nos agasallaron ( como vén sendo habitual) cun bocata de chocolate e un calendario ( o noso calendario) , froito dun traballo documental que resume e feflicte o PDI deste curso : " Cidadáns na rúa ". Nun emotivo acto , o alumnado de sexto deu lectura ao pregón de Nadal e despois, os diferentes niveis cantaron panxoliñas , en homenaxe ás súas maxestades de Oriente.


miércoles, 18 de diciembre de 2019

O APALPADOR

  Os nenos e nenas de 1º recibiron unha visita moi especial neste Nadal ; foron os maiores da Residencia Domus Vi quenes se achegaron ao noso Colexio para compartir con eles unha fermosa historia titulada  " Antón e o apalpador ".Este é un conto  dun neno que vai pasar o Nadal ao Courel e alí coñece misteriosos e fantásticos personaxes , entre eles o Apalpador . É esta unha figura ligada á tradición galega e , polo tanto,como calquera outra tradición,  é importante coñecela e ser capaces de transmitila. 



martes, 10 de diciembre de 2019

ACTUACIÓNS EN PROL DA IGUALDADE

O Concello de Viveiro agasallou a todos os nenos e nenas do  colexio co conto "Os Bolechas van a Viveiro". Trátase dun libro  que busca favorecer a coeducación e a desaparición de roles.Unha nova actuación a favor da igualdade que dará moito que comentar nas aulas e nas familias. 

lunes, 2 de diciembre de 2019

Día internacional das persoas con discapacidade

No marco da campaña de sensibilización que desenvolve Aspanane no ámbito educativo , hoxe estivemos convidados a compartir con diferentes usuarios da asociación o noso tempo lectivo . Unha xornada de moito proveito que nos lembra a todos que a diversidade existe , que somos diferentes, pero que sempre
 EU = QUE TI.
O  alumnado participou en diferentes obradoiros de serigrafía, madeira, pinta caras, deportes, cerámica, produtos de apoio , rematando por facer un mural , en forma de árbore, que amosa a todos as diferencias que temos .Ninguén pode quedar atrás , polo que temos que convivir en igualdade e facer cada día unha sociedade máis inclusiva.


jueves, 28 de noviembre de 2019

Día contra a violencia

Celébrase o día 25 de novembro para denunciar as actuacións violentas levadas a cabo por razóns de xénero . Debemos loitar pola erradicación.
No noso Colexio cubrimos portas de negro , simbolizando a nosa unión fronte a lacra da violencia e fixemos un pfotocall para expresar o noso rexeitamento aos conflitos.

viernes, 22 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA

Buscar o porqué das cousas , descubrir o coñecemento, responder aos interrogantes da natureza, ...fai da ciencia e dos científicos un tema de especial interese e relevancia.
A Asemblea Xeral da ONU decidiu declarar 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica.
Igaciencia  propón dedicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a táboa periódica, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.
 Por outra banda, por ser tamén para as Nacións Unidas o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky e ao historiador galego Manuel Murguía, destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva.
Durante esta quincena os nenos do noso cole están traballando con retos, desafíos e experimentos para un mellor desenvolvemento da competencia científica , entre outras . Algúns dos desafíos desta semana que remata foron: Hoxe en 3 A , Marcos e Iván conseguiron o reto de facer 5 triángulos con 5 movementos de mistos

domingo, 17 de noviembre de 2019

Dereitos da infancia

 Achégase o Día dos dereitos da infancia e os nenos e nenas de terceiro fixemos un traballo para coñecelos un pouco mellor e sensibilizarnos da súa importancia , facendo unha reflexión do que supón vivir sen dereitos . Ao mesmo tempo, relacionamos cada dereito cun respectivo deber porque soamente así construiremos un mundo mellor para todos .
 

domingo, 10 de noviembre de 2019

APADRIÑAMENTOS

Levouse a cabo un novo apadriñamento lector , programado conxuntamente por EDL e Biblioteca .Xuntáronse de novo madriñas, padriños , afillados e afilladas para intercambiar contos medorentos . Esta é unha actividade que potencia de maneira especial a expresión e comunicación lingüística , entre outras competencias clave que se desenvolven. Vídeo do alumnado de 3º A , que compartiron unha completa sesión na biblioteca cos seus padriños e madriñas de 6º C , intercambiando contos Tío Lobo Vídeo do alumnado de 6º C A figueira de Pelos Tortos Vídep do alumnado de 4ºA A bruxa Regañadentes Imaxes da sesión de contacontos interpretada polo alumnado de 5º B , unha adaptación do conto " A casa da miña avoa " vídeo dos nenos e nenas de 5º B A casa da miña avoa

jueves, 7 de noviembre de 2019

MAGOSTO E SAMAÍN

Continuamos na presente semana coas celebracións típicas de Outono : magosto e Samaín .
A principio de semana tivemos o achegamento da banda- escola de gaitas Cacharela . Esta agrupación xa estivo con nós en cursos anteriores e , voltou de novo,  para amosar os instrumentos típicos da música tradicional galega , así como os diferentes tipos de formacións musicais .


Entre todas as aulas do colexio e , seguindo a programación conxunta da Biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua , fixemos unha recolleita de receitas típicas de Outono , que teñen como ingredientes base as cabazas, as noces, as castañas ou os cogumelos . Coas receitas faremos catro publicacións que levarán por título Petiscos de Outono e gardaranse na Biblioteca. Tivemos ademais presenza nas aulas dos típicos colares de zonchos , que colgaron do pescozo do noso alumnado. Mañá faremos o tradicional magosto , despois de que o alumnado estivera durante toda a semana preparando cestas, cucuruchos e outros recipientes para a celebración . Para rematar a semana ,que estivo adicada ao Samaín e magosto ,faremos un apadriñamento lector , no que se potenciarán as habilidades narrativas e comunicativas , ademais de facer un encontro que mellora a convivencia e que atende á diversidade .
A pesar do mal tempo, nenos e nenas puideron divertirse,aprender e compartir cos xogos do magosto ; eso sí , tivo que ser dentro do ximnasio , pero...pasárono así de ben
fotos dos xogos

miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

Os corredores do noso centro enchéronse de cabazas , transformadas en morcegos, bruxas, pantasmas, personaxes de ficción ,...Nelas nenos , nenas e familias amosaron creatividade e arte . O medo facía tremer as caras dos máis cativos e ...a celebración continúa na vindeira semana coa xornada de contacontos onde xuntaremos padriños, madriñas, afillados e afilladas para escoitar e contar unha chea de historias medorentas.
pincha para ver álbum SAMAÍN 2019

miércoles, 29 de mayo de 2019

Marruán , o barbeiro

Para afondar un pouco máis na figura de Antón Fraguas , o alumnado de 1º participou nun obradorio , guiado da man de Lucas Requejo, no que o alumnado foi creando as figuras que , a través dun teatriño de sombras, ían contando a historia de Marruán , o barbeiro de Viveiro. Trátase dunha historia que foi recollida por Antón Fraguas .

martes, 28 de mayo de 2019

SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS

Para rematar este mes das Letras imos celebrar a nosa Semana Cultural en tres tardes diferentes, os días 28,29 e 30 , entre as 18:00 e as 20:00h., con invitación a todas as familias do noso alumnado. A programación a desenvolver é a seguinte Todos os días en aproximadamente 10 minutos farase unha breve presentación do autor homenaxeado e despois a danza, o teatro, as cantigas, a música ,...serán protagonistas da nosa festa. Iremos vendo vídeos e fotos das actuacións. I xornada no teatro Pastor Díaz
A aula de tócame Roque
Dime que fixeches-Quero ser ecoloxista
A saia da Carolina
Os feirantes IIxornada no teatro Restaurante Farruco
Pica para ver álbum Restaurante Farruco Romance das tres cautivas
Pica para ver álbum ROMANCE DAS TRES CAUTIVAS Vén bailar Carmiña
Baile con ...sorpresa!
videos: III xornada no teatro A festa do patrón
Os tres porquiños- coreografía
A miña tía - baile
Canción en lingua de signos - Bicos de pan
VÍDEOS

martes, 21 de mayo de 2019

Cartaces Lingua Galega

Esta é unha colección de cartaces a favor do emprego da nosa Lingua e para divulgar a importancia de coñecer o noso cantigueiro , tal e como fixo o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2019.

jueves, 9 de mayo de 2019

O CHALANO

Acabamos de publicar o noso xornal O Chalano ,con motivo do Mes das Letras e coa colaboración de todos os nenos e nenas , mestres e mestras.

miércoles, 20 de marzo de 2019

O BUZÓN DO GALEGO

Unha nova actividade que se desenvolve no mes de marzo .Promóvese con ela o uso da lingua Galega na comunicación escrita . Trátase ademais dunha actividade para a mellora da convivencia . Cada padriño / madriña escribe como mínimo unha carta ao seu afillado /a . Por suposto , é obrigatorio o uso da lingua Galega e , como non pode ser doutra maneira , o/a afillado/a deberá contestar . Para todo elo , creáronse dous buzóns que se colocaron en ambos edificios do Centro e xa indican que unicamente se poderá depositar a correspondenza en Lingua Galega.


viernes, 1 de marzo de 2019

Entroido

Hoxe pola mañá festexamos o Entroido . Chegou por fin despois de días de preparación . No colexio, como no curso actual estamos traballando as cantigas populares , ides atoparnos transformados en personaxes típicos do cantigueiro ou protagonistas dalgunha coñecida cantiga.Así desfilarán por esta pista os alumnos e alumnas dos diferentes niveis e veremos ... E chegan os galos, galiñas e pitiños ...moita festa neste galiñeiro. Non poden faltar os cucos , anunciadores da primavera. Foron os nenos e nenas de 5º e sexto os que puxeron música para o desfile destes cucos que tanto cantaban Tamén os nenos e nenas de 3º foron acompañados pola música interpretada polo alumnado de 6º O alumnado de 4º van de feirantes e...como resultou boa a feira , cantan e bailan un pasodoble que interpretan de novo os de 6º En penúltimo lugar chegan troveiros e xograres , con moito ritmo E chegando ao final do desfile , os nenos e nenas de 6º traen un romance de Don Sancho E rematamos todos xuntos cantando Se te queres divertir, , unha adaptación dunha cantiga propia do Entroido da localidade e que nós adapatamos a letra para que fale do noso colexio E aquí deixamos un álbum de fotos para o recordo .
E para ver moitas máis fai clik

jueves, 21 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Para coñecela un pouco máis : http://www.crtvg.es:8011/infantil/programas/os-bolechas/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro As nosas actividades foron: - Creación de murais que reflexaron unha Rosalía de plena actualidade ,relacionando versos da escritora coas novas de inxustizas sociais que aparecen nos xornais do século XXI . - Apadriñamento lector : os nenos e nenas de 6º encargáronse de difundir a biografía de Rosalía , que foi preparada e lida a través do kamishibai . - Vídeo explicativo do traballo das diferentes aulas .

Biografía de Rosalía de Castro from manuelmusica on Vimeo.

martes, 19 de febrero de 2019

Preparando o Entroido

Nas portas do Entroido 2019 , todo o Colexio está preparando esta festa . Como o Proxecto neste curso vai de cantigas , o alumnado dos diferentes niveis está a preparar a súa interpretación e a súa vestimenta . O alumnado de 6º , que vai ir de cantares de cegos , preparan a súa interpretación musical.

Romance de don Sancho - CEP LOIS TOBÍO from manuelmusica on Vimeo.

jueves, 14 de febrero de 2019

E os premiados foron ...

O concurso de cómic no presente curso "Transforma unha cantiga nun texto para banda deseñada "chegou ao fin coa entrega de agasallos na Biblioteca do centro . Foron moitos os participantes e bos os traballos presentados ; polo tanto Noraboa! e... a continuar . Podedes ler algunhas das vosas composicións e ver as fotos dos agasallados .

martes, 29 de enero de 2019

Exposición de cómic no CEP LOIS TOBÍO

Un ano máis chega o momento do noso certame de cómic, promovido polo equipo EDL . A temática deste curso , vinculada ao noso proxecto interdisciplinar "As cantigas populares ", consistiu en  transformar a tipoloxía textual dunha cantiga popular e adaptar o texto ao formato cómic. 
A participación foi moi grande e os resultados moi bos .Trátase dunha complexa tarefa  de creatividade,expresión escrita e artística.