EDLG

EDLG

miércoles, 25 de marzo de 2020

Escoitade con atención

Que tal si adicamos un momento do día a escoitar , a soñar, a deixar voar a imaxinación ,...? Pois a editorial Kalandraka comparte con todos unha iniciativa que se titula CONTOS CONTADOS e diariamente vai aparecendo un novo conto , unha nova historia das editadas ao longo destes anos. Pincha e verás

lunes, 23 de marzo de 2020

Mes da poesía, auga e árbores

PROPOSTAS DE TRABALLO POÉTICO pincha no enlace. Mañá atoparedes unha selección de textos poéticos, pero existen moitos outros que podes escoller pescudando nos libros da casa, bibliotecas virtuais, páxina de asociación de escritores en lingua galega,...

sábado, 21 de marzo de 2020

Escribindo unha historia

Coincidindo co comezo da primavera e inmersos no proxecto de coidar o medio e de facer un bo uso dos recursos , un alumno de 3º , Marcos Cabada , escribiu e ilustrou un bonito conto para compartir con todos a través do kamishibai . Así o faremos cando poidamos volver ás aulas. Entre tanto, queda en forma de presentación .