EDLG

EDLG

viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

Chegou Don Carnal e veu da man da festa , da tradición, dos disfraces, da música, das xuntanzas,...
A escola fixo o propio e así houbo durante toda a semana a celebración do meco e preparativos varios
Por fin hoxe  compartimos esa merendola de doces típicos e chocolate e desfilamos na pista vermella, danzamos e amosamos habilidades para recrear unha rúa repleta de cidadáns responsables, respectuosos co noso entorno e con habilidades para formar parte da sociedade do presente e o futuro.
O Proxecto interdisciplinar neste curso leva por título: "Cidadáns na rúa" e así desfilaron polo patio diferentes grupos sociais e outros axentes e elementos que facilitan e velan pola mellor  conduta da cidadanía : universitarios, anciáns e coidadores ,a rúa dos de sexto, protección civil, sinais de tráfico e sanitarios.


pica para ver os distintos álbumes IMAXES DE ENTROIDO I IMAXES DE ENTROIDO II

lunes, 17 de febrero de 2020

EXPOSICIÓN DE CÓMIC 2020

E chegaron os cómic..., cun esforzo creativo e plástico , o noso alumnado un curso máis participou do obradorio de banda deseñada , que no presente ano leva por título :
" En quen me quero converter de maior? " .
Os nenos e nenas inspiráronse en alguén próximo a eles ,intentando contaxiarse dos valores e habilidades persoais que o caracterizan para tratar de seguir os seus pasos.