EDLG

EDLG

viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020

Baixo o lema " Cidadanía pola paz", onte celebramos a conmemoración da morte de Gandhi. Foron dous os actos que se levaron a cabo : A I carreira solidaria pola paz , na que participaron os nenos e nenas do Colexio , distribuídos por niveis, e que fixeron importantes e xenerosas aportacións de alimentos non perecedeiros para os máis necesitados . A creación dun lema Cidadanía pola Paz , traballo cooperativo entre as diferentes aulas. Tratamos, no día de onte, de darlle visibilidad e adquirir o compromiso da comunidade coas 80 palabras de paz que se foron construíndo a partir do lema e que nos van proporcionar un futuro mellor.Expresamos tamén o mesmo vocabulario en forma de pictogramas para facilitar a comprensión e favorecer a inclusión de todos e cada un dos presentes no noso centro.

miércoles, 15 de enero de 2020

IGUALDADE

  Nun novo esforzo por conseguir unha escola xusta e igualitaria , hoxe chegou ao noso Colexio Atenea García , unha muller que veu contar historias , historias diversas , que amosan as diferencias entre as persoas e convídannos á reflexión .Veu con dous espectáculos distintos : " Estrafalaria" e " Utopías" . 
  Empezou por contar como se inspirou ela para poñer estas denominacións e , claro está , fíxoo pensando en mulleres valentes, decididas( coma Rosalía de Castro, Gloria Fuertes ou Frida Kahlo, entre outras)ou en homes , como Eduardo Galeano , que lle levou a decidir o título de Utopías. 
  As historias están baseadas en contos, como " Salvaxe", " Alicia Caedizas" , " A vaca que puxo un ovo" ,...