EDLG

EDLG

lunes, 19 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA

Para dar a coñecer a Domingo Fontán e a importante contribución e repercusión na sociedade galega elaboramos unha presentación para compartir e traballar desde as aulas . Non faltan tamén as actividades que nos poñen a pensar , calcular, observar, deducir ,... para construír unha mente cada día máis científica

viernes, 16 de noviembre de 2018

Vida, natureza e saúde

Coincidindo coa semana do magosto , programamos unhas charlas - obradoiros da man de Lucas Requejo para recordar a importancia dunha alimentación saudable, a necesidade do exercicio físico e como colaborar na protección e conservación do medio . 

viernes, 9 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018

Unha fonda tradición en Galicia é a celebración do Magosto , unha festa que non pode faltar na escola porque forma parte da cultura do noso pobo.
Todo estaba preparado para a celebración na mañá de hoxe , pero ...ALERTA METEOROLÓXICA! .
Aínda así , asáronse as castañas, coméronse e o Colexio estaba ambientado desde a semana pasada , acorde coa festividade . Ademais o alumnado, nas aulas, confeccionou os seus cucuruchos e cestiñas para comer as castañas e , como non pode ser doutra maneira, traballouse o Outono, cos seus froitos típicos, a paisaxe, os costumes,...

jueves, 25 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018

E chegou a semana do Samaín ..., no Colexio preparáronse dous escenarios con todos os monstros e personaxes de medo elaborados nas clases e durante esta semana faremos unha hora de ler moi especial . Temos programadas diferentes convivencias lectoras entre aulas de padriños e madriñas e afillados e afilladas,
 Cada clase compartirá un conto de medo e tamén nalgúns casos danzas e cancións.Contamos coa colaboración de Belén , a nosa intérprete de signos , que fai sempre visible e accesible as nosas actividades.

Escenario 1 

 

















MARTES, 30 , continuamos coas convivencias entre aulas . Compartimos historias, cancións e un photocoll entre padriños e madriñas. E rematamos coa queima dos medos







Durante este mes todos os nenos e nenas do noso Colexio andiveron moi atarefados preparando monstros e outros personaxes que meten MEDO para a celebración na vindeira semana do Samaín . Traballamos cunha cantiga popular " O moucho" , á que engadimos uns versos de Rosalía e así un grupo de 6º rapearon a canción que escoitades , mentres vedes o artistas e creativos que son todos os alumnos e alumnas das diferentes aulas .

 O MOUCHO

 Eu ben vir estar o moucho
 enriba daquel penedo;
non che teño medo, moucho!
 moucho, non che teño medo!

Moucho, que estás no penedo,
 eres de cartón , eres de cartón ,
non che teño medo!


Moucho, que estás no camiño,
 déixame pasar, déixame pasar ,
cara o meu destino.


jueves, 31 de mayo de 2018

SEMANA CULTURAL

O mes das Letras remata coa semana cultural , na que toda a comunidade educativa se reuniu no Teatro Pastor Díaz para levar a cabo o festival das Letras , que se desenvolveu durante as tardes do pasado martes, mércores e xoves cunha chea de actividades para honrar a figura de María Victoria Moreno . Día 22 de maio : muiñeira de Lugo, pandeirada, teatro: " Todo é un conto ", biografía de María Victoria Moreno, lectura de poemas e baile : muiñeira
muiñeira de 6º pandeirada de 1º muiñeira de 1º día 23 de maio : conto recitado . " O cataventos ", teatro : " Ai, mamasiña,que medo!", poema de María Victoria Moreno en lingua de signos e Os maios Imaxes actividades varias : Día 24 de maio , remate de actividades : " A vella a fiar" ( un encadeado , dedicado á muller ) - alumnado de 1º Regueifa : " E déixame subir "- alumnado de 3º Biografía e poemas de María Victoria Moreno - alumnado de 3º teatro : " A outra historia de Carrapuchiña" - alumnado de 5º ( esta obra remata cun rap inédito , que titulamos " A vella do bosque" )

lunes, 7 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

Para ir empezando coas actividades das Letras Galegas , escoitade a voz de Mª Victoria Moreno a través da fermosa interpretación de Fuxan os Ventos A través do noso PDI , traballamos durante todo o curso os oficios tradicionais e , dentro deles, fixemos unha selección dos que foron popularmente vinculados ao mundo da muller . Con esta selección participamos na exposición conxunta " A Mariña en feminino " , promovida pola microrrede de bibliotecas da nosa comarca. Así se homenaxearon as lavandeiras, costureiras, vendedoras de peixe, mariscadoras, traballadoras da conserveira e redeiras.Todas elas son mulleres anónimas, invisibles, que configuraron a nosa sociedade. Moitos destes oficios están vinculados ao mundo do mar , como é lóxico, pola situación xeográfica na que nos atopamos. Son mulleres con mans traballadoras, de cargar, de madrugar, de transportar... Nas imaxes que amosamos podedes ver a interpretación que fixo o noso alumnado xunto coas súas familias . Verdadeiras mostras de creatividade e agarimo . MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES ( así dá gusto facer comunidade) e NORABOA!!! O CHALANO 2018 , publicada xa

lunes, 30 de abril de 2018

CONCURSO DE CARTACES

O EDL convocou un concurso de cartaces a favor da nosa Lingua , no que o alumnado amosou creatividade, dotes artísticas e convencemento para animar a usar o Galego . Esta é unha pequena mostra do presentado e algunha imaxe da recollida de premios na Biblioteca por parte dalgúns /as dos gañadores/as. Noraboa a todos pola participación !

lunes, 26 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Neste curso eleximos seis elementos recurrentes na obra de Rosalía :muíño, gaiteiro,as campás,a festa,as pitas e o galo ,os mecos de mamá e a tristura da emigración . Cada nivel , de 1º a 6º, traballou na aula un poema no que aparecía un destes elementos e o noso alumnado fixo a interpretación plástica destes textos, que sacamos ás fiestras para que a voz de Rosalía se expanda .

martes, 20 de febrero de 2018

Concurso de cómic

Neste V concurso de cómics a temática elexida foi " Eu de maior quero ser ...". A participación foi alta e os resultados están expostos na entrada do Colexio . A entrega de premios e diplomas será o 23 de febreiro, ás 12:30 , na nosa Biblioteca , coincidindo coa celebración do "Día de Rosalía " . Aquí tedes os exemplares que resultaron premiados ou obtiveron mención especial , pero todos merecedes unha enorme felicitación polo esforzo, dedicación , participación e creatividade.

viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Chegou Don Entroido e con el,  a festa . Recreamos diferentes oficios tradicionais , en consonancia co PDI do presente curso . Transformámonos en labregos, gandeiros, mariñeiros, ferreiros, costureiras e panadeiros. Degustamos unha chocolatada con diferentes doces propios da época e , con moita enerxía, fixemos un desfile , acompañado por música e danzas . Entroido 2018 on PhotoPeach Se queres ver máis fotos , pincha en ÁLBUM

Se te queres divertir Alumnos de Sexto Entroido 2018 from Bibliolois on Vimeo.

domingo, 7 de enero de 2018

MES DA CIENCIA

O pasado novembro foi o mes da ciencia . Foron varias as actividades feitas na escola ; entre outras , expoñemos algúns dos materiais elaborados cos que traballamos nas aulas.
Adicado no presente ano a Baltasar Merino , estudoso da Botánica e a Meteoroloxía.