Para afondar un pouco máis na figura de Antón Fraguas , o alumnado de 1º participou nun obradorio , guiado da man de Lucas Requejo, no que o alumnado foi creando as figuras que , a través dun teatriño de sombras, ían contando a historia de Marruán , o barbeiro de Viveiro. Trátase dunha historia que foi recollida por Antón Fraguas .
Para rematar este mes das Letras imos celebrar a nosa Semana Cultural en tres tardes diferentes, os días 28,29 e 30 , entre as 18:00 e as 20:00h., con invitación a todas as familias do noso alumnado.
A programación a desenvolver é a seguinte
Todos os días en aproximadamente 10 minutos farase unha breve presentación do autor homenaxeado e despois a danza, o teatro, as cantigas, a música ,...serán protagonistas da nosa festa.
Iremos vendo vídeos e fotos das actuacións.
I xornada no teatro Pastor Díaz
A aula de tócame Roque
Dime que fixeches-Quero ser ecoloxista
A saia da Carolina
Os feirantes
IIxornada no teatro
Restaurante Farruco
Esta é unha colección de cartaces a favor do emprego da nosa Lingua e para divulgar a importancia de coñecer o noso cantigueiro , tal e como fixo o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2019.
Unha nova actividade que se desenvolve no mes de marzo .Promóvese con ela o uso da lingua Galega na comunicación escrita . Trátase ademais dunha actividade para a mellora da convivencia . Cada padriño / madriña escribe como mínimo unha carta ao seu afillado /a . Por suposto , é obrigatorio o uso da lingua Galega e , como non pode ser doutra maneira , o/a afillado/a deberá contestar . Para todo elo , creáronse dous buzóns que se colocaron en ambos edificios do Centro e xa indican que unicamente se poderá depositar a correspondenza en Lingua Galega.
Hoxe pola mañá festexamos o Entroido . Chegou por fin despois de días de preparación . No colexio, como no curso actual estamos traballando as cantigas populares , ides atoparnos transformados en personaxes típicos do cantigueiro ou protagonistas dalgunha coñecida cantiga.Así desfilarán por esta pista os alumnos e alumnas dos diferentes niveis e veremos ...
E chegan os galos, galiñas e pitiños ...moita festa neste galiñeiro.
Non poden faltar os cucos , anunciadores da primavera. Foron os nenos e nenas de 5º e sexto os que puxeron música para o desfile destes cucos que tanto cantaban
Tamén os nenos e nenas de 3º foron acompañados pola música interpretada polo alumnado de 6º
O alumnado de 4º van de feirantes e...como resultou boa a feira , cantan e bailan un pasodoble que interpretan de novo os de 6º
En penúltimo lugar chegan troveiros e xograres , con moito ritmo
E chegando ao final do desfile , os nenos e nenas de 6º traen un romance de Don Sancho
E rematamos todos xuntos cantando Se te queres divertir, , unha adaptación dunha cantiga propia do Entroido da localidade e que nós adapatamos a letra para que fale do noso colexio
E aquí deixamos un álbum de fotos para o recordo .
Para coñecela un pouco máis :
http://www.crtvg.es:8011/infantil/programas/os-bolechas/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro
As nosas actividades foron:
- Creación de murais que reflexaron unha Rosalía de plena actualidade ,relacionando versos da escritora coas novas de inxustizas sociais que aparecen nos xornais do século XXI .
- Apadriñamento lector : os nenos e nenas de 6º encargáronse de difundir a biografía de Rosalía , que foi preparada e lida a través do kamishibai .
- Vídeo explicativo do traballo das diferentes aulas .